Fins de semana (consúltanos as datas dos próximos intensivos nas noticias, por mail ou nas redes sociais)
A Escola de Impro ofrece periodicamente (cada tres ou catro meses) un obradoiro intensivo de iniciación á impro para todas as persoas curiosas que se queiran achegar a esta disciplina.
Oito horas divididas en dúas xornadas de catro, sábado e domingo, onde persoas sen experiencia poden aprender os rudimentos da impro dun xeito totalmente práctico e moita, moitísima diversión.

Obradoiros de iniciación
OS FUNDAMENTOS DA IMPRO
Nos obradoiros de iniciación as personas aprenden os fundamentos da improvisación teatral (adaptación, escoita activa, xenerosidade, aceptación…) a través de dinámicas e xogos nun espazo divertido e xa avisamos, altamente adictivo.
UNHA PORTA ABERTA A CONTINUAR
Un alto porcentaxe de personas que acceden á impro a través dos nosos obradoiros acaba apuntándose aos nosos cursos regulares. Sen dúbida, é unha forma xenial de achegarse á impro e ver as súas posibilidades e, se cadra, continuar xunto ao resto do alumnado da escola.