Skip to content Skip to footer

Espectáculos

O que está
porvir

Unha comedia improvisada sobre o posible futuro da humanidade

A primeira produción propia de Outracousa xunto co alumnado avanzado da Escola de Impro chámase O que está porvir.

Trátase dun espectáculo de comedia improvisada ambientada nun futuro próximo, no que a contaminación e o cambio climático deixou á humanidade sen algunha das comodidades coas que contamos actualmente.

Un espectáculo con historias improvisadas de tipo long-form grazas ás propostas do público nas que, ademais de rir a esgalla, tratamos de reflexionar sobre ecoloxismo, reciclaxe e cambio climático.