Skip to content Skip to footer

Para empresas

Impro
para empresas

Como a improvisación pode mellorar a túa empresa

Neste bloque de texto de presentación temos que contar a nosa idea base para a impro para empresas.

Aquí engadimos información extra relevante que poda chamar a atención.

Por que o teatro de improvisación é efectivo na empresa

Ao longo dos últimos anos como formadores, constatamos que as ferramentas e habilidades que se adquiren na improvisación teatral teñen un reflexo e unha utilidade no mundo empresarial xa que permiten desenvolver habilidades fundamentais como as seguintes:

Habilidades comunicativas

Expresión física e verbal

Creatividade de persoas e equipos

Pérdida de medo a falar en público

Módulos

Cada curso e taller pode adaptarse ás túas necesidades elexindo os módulos axeitados
Módulo 1

Liderazgo

Adestrar habilidades comunicativas necesarias para liderar un equipo de traballo, facéndonos cargo do que sucede nunha escea grupal como parte responsable e poñendo a acción por riba dos pensamentos e ideas.
Módulo 2

Traballo en equipo

Visualizar o traballo en equipo como un gran elenco teatral que ten obxectivos claros e comúns. Mellorar a comunicación interna para chegar á meta desexada. Potenciar a adaptabilidade, a confianza, a integración, a cooperación e a proactividade dos equipos.
Módulo 3

Comunicación asertiva

Adestrar habilidades actorais trasladadas á empresa, como o ritmo, a enerxía, a linguaxe física, a oratoria, o storytelling...Mellorar a comunicación verbal e non verbal e a comunicación asertiva.Descubrir o potencial comunicativo do corpo e as súas posibilidades expresivas.
Módulo 4

Xestión do cambio

Mellorar a actitude fronte ao cambio e o improvisto.Adquirir habilidades para adaptarse a novas situacións, reenfocando e valorando as novas metas ou demandas.Desenvolver a escoita activa que nos permita anticipar e xestionar os cambios.
Módulo 5

Autocoñecemento e creatividade

Descubrir o talento creativo de cada individuo.Atopar os puntos fortes de cada persoa e definir o seu perfil dentro do equipo.Entender que non existe un só tipo de creatividade e que nun equipo, cada perfil ten algo que aportar.

Metodoloxía

Así traballamos

Xogo

Todas as actividades se desenvolven desde o xogo, a súa investigación e o seu desfrute. O xogo desbloquea, facilita a participación e quita os velos da autocensura.

Concepto

Cada dinámica ten asociado un concepto clave da improvisación que asimilaremos a través do propio xogo.

Reflexión

Tras cada sesión, reflexionamos sobre o aprendido, o que nos custou máis, o que nos gustóu máis e o que menos. Sacamos conclusións entre todas, formadores e alumnado.