Skip to content Skip to footer

Qué é outracousa

Escola de impro + formación a empresas + espectáculos

Outracousa é unha escola de improvisación teatral que vai máis alá dos escenarios: achegamos a improvisación ao mundo empresarial para transformar equipos, mellorar a comunicación e fomentar a creatividade. A nosa proposta combina formación, diversión e desenvolvemento persoal, empregando técnicas de impro para mellorar a capacidade de adaptación, escoita activa e traballo en equipo. Se queres que o teu equipo pense fóra da caixa, actúe con confianza e aprenda a xestionar o inesperado con humor e intelixencia, Outracousa é o camiño. Porque no mundo da empresa, como na vida, improvisar ben é clave.

Outracousa tamén é unha produtora dedicada ás artes escénicas, creada polos cómicos e guionistas Oswaldo Digón e Víctor Grande. A súa especialidade: a improvisación teatral.

A escola de impro

A Escola de impro é o primeiro centro íntegramente especializado na improvisación teatral de Galicia. Estamos na Coruña e contamos con catro nivéis que van desde persoas que non coñecen a improvisación ata improvisadores expertos que queran perfeccionar as súas técnicas.

Os profes

Oswaldo Digón e Víctor Grande

Oswaldo Digón e Víctor Grande levan tantos anos subidos aos escenarios que xa pediron o padrón.

No 2022, despois de traballar xuntos e moitísimos proxectos artísticos, decidiron montar a Escola de Impro para espallar a impro por toda Galicia (e parte do estranxeiro).

Últimas noticias

Shows, actividades e outras herbas

Outracousa
Séguenos en Instagram para ver as nosas últimas actividades.
Visítanos