Horario 2024-2025: Martes, de 21:00 a 22:30. O nivel avanzado está pensado para xente que leva na Escola de Impro polo menos dous anos ou ten experiencia contrastada en improvisación teatral.
No nivel avanzado traballamos os formatos long-form, narrativas completas, profundizamos na complexidade das personaxes e preparamos ao alumnado para a creación de futuros formatos.
Para quen
Este nivel está pensado para está pensado para improvisadoras que leven na Escola de Impro polo menos dous anos ou teñan experiencia contrastada en improvisación teatral.
Metodoloxía
As clases de iniciación na Escola de Impro duran hora e media e constan de tres partes:
- Quecemento: xogos e dinámicas de activación tanto física como mental.
- Concepto teórico: presentamos un concepto teórico e facemos dinámicas para explicalo.
- Xogos: Na última parte da clase practicamos xogos de escena reais de escenario.

Ao rematar cada clase facemos un pequeno coloquio/resumo no que todos e todas aportamos ideas e sensacións, coa intención de crear equipo entre o alumnado e xerar un entorno de confianza e seguridade.
Morgan King