Skip to content Skip to footer

Nós

Qué é outracousa

Escola de impro + formación a empresas + espectáculos

Outracousa é unha escola de improvisación teatral que vai máis alá dos escenarios: achegamos a improvisación ao mundo empresarial para transformar equipos, mellorar a comunicación e fomentar a creatividade. A nosa proposta combina formación, diversión e desenvolvemento persoal, empregando técnicas de impro para mellorar a capacidade de adaptación, escoita activa e traballo en equipo. Se queres que o teu equipo pense fóra da caixa, actúe con confianza e aprenda a xestionar o inesperado con humor e intelixencia, Outracousa é o camiño. Porque no mundo da empresa, como na vida, improvisar ben é clave.

Outracousa tamén é unha produtora dedicada ás artes escénicas, creada polos cómicos e guionistas Oswaldo Digón e Víctor Grande. A súa especialidade: la improvisación teatral.

Claves da impro

Aplicables á empresa
0%
Aceptación
0%
Escoita activa
0%
Traballo en equipo
0%
Xenerosidade

Cronoloxía

A no sa pequena historia
1999
O pasado
Fai moito tempo...
Oswaldo Digón y Víctor Grande

Tanto Víctor Grande como Oswaldo Digón comezaron as súas carreiras no mundo da comedia co cambio de século. Durante máis de 20 anos actuaron en milleiros de escenarios, traballaron de guionistas de televisión e crearon espectáculos de humor, tanto de stand-up comedy como de improvisación teatral.

2015
O precedente
Cousas Veredes

Xunto ao querido Pedro Brandariz, fundaron a productora Cousas Veredes, que tivo entre os seus proxectos a serie Galicia Crime, gañadora dun Mestre Mateo. Outracousa ten no seu nome unha lembranza e unha homenaxe a aquela aventura na que tres tolos emprenderon e desfrutaron tanto.

2021
A semente
Compartindo clases de impro

Nesta época, Oswaldo e Víctor comparten as súas primeiras clases de impro con alumnado que hoxe seguen con eles e xa se converteron en amigos.

2022
3,2,1...impro!
Nace A Escola de impro

No 2022 Oswaldo e Víctor deciden que é momento de buscar o seu propio lugar para as clases de impro e crean a primeira escola de teatro exclusivamente centrada na improvisación. Así nace a Escola de impro e a súa primeira promoción, a do curso 2022-2023.

2024
Outracousa
Outracousa consolídase como empresa

No 2024 fundan a empresa Outracousa S.L. para poder xestionar todos os proxectos que están levando a cabo. Outracousa non só conta coa Escola de Impro, senon tamén cunha serie de proxectos enfocados a levar a improvisación teatral ao mundo empresarial e ao mundo educativo.

2050
Futuro
E agora...

Non se sabe o que virá no futuro, pero irémolo contando e farémosvos partícipes de todo que xurda deste marabilloso proxecto.