Por que o teatro de improvisación é efectivo na empresa
Ao longo dos últimos anos como formadores, constatamos que as ferramentas e habilidades que se adquiren na improvisación teatral teñen un reflexo e unha utilidade no mundo empresarial xa que permiten desenvolver habilidades fundamentais como as seguintes:Habilidades comunicativas
Expresión física e linguaxe non verbal
Creatividade de persoas e equipos
Pérdida de medo a falar en público
Módulos
Cada curso e taller pode adaptarse ás túas necesidades elexindo os módulos axeitadosMódulo 1
Liderazgo
Módulo 2
Traballo en equipo
Módulo 3
Comunicación asertiva
Módulo 4
Xestión do cambio
Módulo 5
Autocoñecemento e creatividade
Metodoloxía
Así traballamosXogo
Concepto
Reflexión
Impro aplicada
á empresa
Como a improvisación pode axudar nos teus procesosNo mundo empresarial actual, cambiante e competitivo, a capacidade de adaptación, a comunicación efectiva e a creatividade son máis valiosas ca nunca. A improvisación teatral, lonxe de ser só unha ferramenta escénica, é unha poderosa metodoloxía para desenvolver estas competencias nos equipos de traballo.
A través do xogo, da escoita activa e da colaboración constante, a impro axuda a romper barreiras, a fomentar a confianza mutua e a mellorar a resposta ante o inesperado. Ao traballar sen guión, cada participante aprende a estar presente, a reaccionar con axilidade e a poñer en valor as ideas dos demais, construíndo colectivamente solucións en tempo real.
Oswaldo Digón.
Ferramenta de
transformación
Como a improvisación pode axudar nos teus procesosAplicada ao ámbito profesional, a improvisación convértese nun espazo seguro para o erro, onde cada tropiezo é unha oportunidade de aprendizaxe. Isto potencia a innovación, reduce o medo ao fracaso e fortalece a cohesión dos equipos.
En resumo, a improvisación teatral é unha ferramenta transformadora que impulsa empresas máis humanas, máis flexibles e máis creativas. Porque improvisar ben non é improvisar sen rumbo, é saber adaptarse e responder con intelixencia, empatía e sentido do humor.
Víctor Grande