Skip to content Skip to footer

Nivel iniciación

Horario 2025-2026: Sábados alternos, de 10:00 a 13:00 (horario definitivo por confirmar). Curso de iniciación á impro indicado para quen nunca se achegou a esta disciplina.

Neste curso de iniciación establecemos as bases da impro teatral desde os cimentos ata o punto no que o alumnado será quen de facer xogos e dinámicas reais nun escenario.

Para quen

Este curso está pensado para calquera persoa que se quera achegar á impro, xa que comezamos desde cero. Apto para persoas que nunca fixeron nada nas artes escénicas e tamén para actores e actrices que queiran aprender esta disciplina.

Metodoloxía

As clases de iniciación na Escola de Impro duran hora e media e constan de tres partes:

  • Quecemento: xogos e dinámicas de activación tanto física como mental.
  • Concepto teórico: presentamos un concepto teórico e facemos dinámicas para explicalo.
  • Xogos: Na última parte da clase practicamos xogos de escena reais de escenario.

Ao rematar cada clase facemos un pequeno coloquio/resumo no que todos e todas aportamos ideas e sensacións, coa intención de crear equipo entre o alumnado e xerar un entorno de confianza e seguridade.

Leave a comment