Qué é outracousa
Escola de impro + formación a empresas + espectáculosOutracousa é unha escola de improvisación teatral que vai máis alá dos escenarios: achegamos a improvisación ao mundo empresarial para transformar equipos, mellorar a comunicación e fomentar a creatividade. A nosa proposta combina formación, diversión e desenvolvemento persoal, empregando técnicas de impro para mellorar a capacidade de adaptación, escoita activa e traballo en equipo. Se queres que o teu equipo pense fóra da caixa, actúe con confianza e aprenda a xestionar o inesperado con humor e intelixencia, Outracousa é o camiño. Porque no mundo da empresa, como na vida, improvisar ben é clave.
Outracousa tamén é unha produtora dedicada ás artes escénicas, creada polos cómicos e guionistas Oswaldo Digón e Víctor Grande. A súa especialidade: a improvisación teatral.
A escola de impro
A Escola de impro é o primeiro centro íntegramente especializado na improvisación teatral de Galicia. Estamos na Coruña e contamos con catro nivéis que van desde persoas que non coñecen a improvisación ata improvisadores expertos que queran perfeccionar as súas técnicas.
Sábados alternos, de 10:00 a 13:00 (horario definitivo por confirmar). Indicado para quen nunca se achegou a esta disciplina.
Luns de 19:30 a 21:00. Indicado para persoas que xa participaron no curso de iniciación ou tiveron algún contacto coa improvisación anteriormente.
O alumnado que permanece na Escola de impro pasa a formar parte da Compañía residente de improvisación, onde eles mesmos organizan os seus ensaios e dispoñen do local de Outracousa para facer shows de improvisación con público.
Este laboratorio de creación de formatos está pensado para as improvisadoras que levan tempo con nós, para desenvolver ideas e espectáculos que podan xirar como compañía de improvisación.
Ademais, haberá sesións de improvisación musical e outros monográficos.
Os profes
Oswaldo Digón e Víctor GrandeOswaldo Digón e Víctor Grande levan tantos anos subidos aos escenarios que xa pediron o padrón.
No 2022, despois de traballar xuntos e moitísimos proxectos artísticos, decidiron montar a Escola de Impro para espallar a impro por toda Galicia (e parte do estranxeiro).