A primeira escola
dedicada exclusivamente á improvisación teatral
Cursos regulares e obradoiros ao longo de todo o cursoCoñece a nosa oferta formativa
Dende o nivel máis básico ata formar parte da Compañía Residente de impro, toda persoa que lle interese esta disciplina teatral pode atopar o seu sitio na Escola de impro.
Facemos obradoiros intensivos para iniciación a impro, monográficos, cursos regulares e contamos cunha compañía residente de improvisadores con experiencia na que integrarse.
Bota unha ollada máis abaixo e contacta con nós!
Sábados alternos, de 10:00 a 13:00 (horario definitivo por confirmar). Indicado para quen nunca se achegou a esta disciplina.
Luns de 19:30 a 21:00. Indicado para persoas que xa participaron no curso de iniciación ou tiveron algún contacto coa improvisación anteriormente.
O alumnado que permanece na Escola de impro pasa a formar parte da Compañía residente de improvisación, onde eles mesmos organizan os seus ensaios e dispoñen do local de Outracousa para facer shows de improvisación con público.
Este laboratorio de creación de formatos está pensado para as improvisadoras que levan tempo con nós, para desenvolver ideas e espectáculos que podan xirar como compañía de improvisación.
Ademais, haberá sesións de improvisación musical e outros monográficos.