Unha vez superados os niveis iniciación e medio (ou se unha persona intereada acredita a sua experiencia en impro), o alumnado que permanece na Escola de impro pasa a formar parte da Compañía residente de improvisación, onde eles mesmos organizan os seus ensaios e dispoñen do local de Outracousa para facer shows de improvisación con público.
Ademais, o alumnado da Compañía Residente conta con monográficos e obradoiros especializados en aspectos moi concretos da impro, da man de improvisadores e improvisadoras de prestixio, ademais dos profesores habituais da Escola.
Para quen
Este nivel está pensado para o alumnado que xa fixo os niveis de iniciación e medio e quere seguir formando parte da Escola de Impro. Tamén para persoas con experiencia en impro que queiran formar parte dunha Compañía en continuo movemento.
Servizos
O alumnado da Compañía Residente conta cos seguintes servizos:
- Aula para adestramentos: Eles mesmos organizan os seus adestramentos semanais de impro para estar sempre a punto.
- Sala para eventos: Os membros da Compañía Residente poden utilizar Outracousa para realizar shows e eventos relacionados coa impro, abertos ao público.
- Monográficos: Un taller monográfico mensual centrado nun aspecto moi concreto da impro, impartido por Oswaldo Digón, Víctor Grande e outros improvisadores de fora.

Morgan King
